Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Brión / Rois
Parroquia: Bastavales (San Xulián)
Lugar: Rubial (Coto do Castelo- Monte Oleirón)
Outra denominación do ben: Couto do Castelo
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Pequeno castelo ou atalaia altomedieval a 480 m. de altitude e na ladeira leste do cume do monte do Oleirón, que debeu ser utilizada para controlar os ataques de invasores e de movementos no Val da Amaía e os pasos pola Depresión Meridina do camiño de Iria a Compostela. Está no límite dos concellos de Rois e Brión, seguindo o vello costume de utilizalos como marco de terreo ou de termo dalgún couto. Na parte norte que rodea o gran batolito central da fortificación podemos ver restos de muros e un pequeno amoreamento de terra a modo de recinto circular, onde se supón que estarían cravadas ou armadas defensas de madeira, despois desta barreira configúrase un pequeno foso. Atópase unha gran cantidade de cachote tirado, sobre todo na cara sur que mira ao val, do que debeu ser una muralla, e restos de tella nunha pequena cova que parece que foi ampliada artificialmente para facer de abrigo. Na alto do outeiro hai buracos de forma redonda tallados na rocha e restos de pequenos muros facendo una pequena superficie chan. Dende o aire pódese apreciar a dimensión e o recinto circular que ocupaba. A pouca distancia máis abaixo están os restos de Santa Cecía, no profundo val do pequeno río do mesmo nome. Esta ermida, hoxe desaparecida, xunto co topónimo Vilar de Abade dunha aldea próxima, pódenos facer pensar nun asentamento de monxes cerca da Iria Flavia, nun fértil val que foi cobiza de pobos coma os normandos, sendo os monxes vítimas das súas ben datadas invasións.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/10/18/republicas-de-homes-libres-3-a-hipotese-dos-monxes-vixias/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8151893366
Lonxitude: -8.69854331017
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84