Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Condado (comarca) / Mondariz
Parroquia: Mouriscados (San Cibrán)
Lugar: O Campo do Mouro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O conxunto está formado por un cruceiro e un peto de ánimas:

* O cruceiro nace sobre tres chanzos cadrados. A súa base cúbica, de arestas superiores rebaixadas, soporta un varal de sección cilíndrica rematado por un capitel con volutas e caras de anxos en tres dos seus lados e unha caveira no cuarto. A cruz cilíndrica posúe as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe das Angustias co Cristo no colo no reverso.

* O peto de ánimas, situado por detrás do cruceiro, é de tipo pechado. Consta dunha fornela decorada con dúas columnas. No seu interior podemos ver un retablo de madeira policromada no que aparecen varias imaxes, entre elas a de San Francisco sobre unha nubre branca que recolle unha ánima coa man dereita. Outra ánima se colle do cordón do hábito do santo. Na parte máis alta do retablo un anxo sobre unha nube; e na parte inferior as lapas do Purgatorio con varias imaxes con indumentaria relixiosa: unha mitra bispal, unha tiara papal e unha coroa real.
O peto coróase cun teitume plano cunha cruz cadrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm (Ficha E_032 -Páxina 155)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360300602.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=17704&ctre=55&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Andrés. (2008). Cruces, cruceiros e petos DO CONCELLO DE MONDARIZ. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
PÉREZ LABAXA, Xoán Xosé. (2009). ALGUNHAS CRUCES E CRUCEIROS SINGULARES DOS CONCELLOS DE MONDARIZ, MONDARIz BALNEARIO E PONTEAREAS. Acatas do Iº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1888723741
Lonxitude: -8.41469317675
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84