Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Eulalia)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben: Cruceiro do Casteliño
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos cadrados, e unha base coas arestas rebaixadas e cunha cruz en relevo nunha das súas caras. O seu varal cilíndrico soporta un capitel tipo xónico con volutas e follas de acanto.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Este cruceiro do ano 1952, segundo reza unha inscrición que podemos ver no arranque do varal, veu a sustituir a unha pequena cruz anterior. Hoxe en día forma parte do Viacrucis que leva ata a Ermida do Sagrado Corazón (http://patrimoniogalego.net/index.php/55144/2014/02/ermida-do-sagrado-corazon/)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3604309.html

BIBLIOGRAFÍA
SANCHEZ CORA, Teresa. MARTíNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas”. Concello de Ponte Caldelas. 1990.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3981575422
Lonxitude: -8.50434064865
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84