Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas (Santa Eulalia)
Lugar: Ponte Caldelas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa barroca feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, de planta de cruz latina e teitume a dúas augas. O presbiterio posúe bóveda de canón e os brazos bóveda de crucería. A nave principal posúe bóveda de aresta dividida con arcos faxóns.

A fachada principal apilastrada presenta dous corpos. O inferior está composto por a porta de aceso e, sobre ela, unha fornela coa imaxe pétrea de Catalina de Siena. Máis arriba un ocelo, flanqueado por dúas pilastras, cunha vidreira policromada na que aparece Santa Baia.
No segundo corpo podemos ver un frontón e a torre campanario en posición central composta de tres corpos, o primeiro unido co frontón, e o seguintes destacan pola súa balaustrada feita en pedra. O conxunto remata nunha cúpula. Esta torre é do ano 1891, xa que a anterior foi derrubada por un raio no ano 1889.

No interior da igrexa podemos ver o retablo maior do ano 1893, obra do mestre canteiro Manuel González, no que destaca a imaxe de Santa Baia. os retablos laterais son do ano 1894.

Mención aparte merece o xardín que rodea á igrexa, de estilo francés, no que podemos ver diferentes elementos como unha pía bautismal e un sarcófago antropomorfo, todos eles restos da igrexa anterior posiblemente de época románica.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/pontecaldelas/santaeulalia.html
http://www.terrasdepontevedra.org/gl/ponte-caldelas-gl/594-igrexa-de-santa-eulalia.html
http://www.xoanarcodavella.com/2013/03/iglesia-de-santa-eulalia-ponte-caldelas.html
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-igrexacaldelas.html

BIBLIOGRAFÍA
SANCHEZ CORA, Teresa. MARTíNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas”. Concello de Ponte Caldelas. 1990.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3969433308
Lonxitude: -8.5048019886
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84