Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: As Neves / Condado (comarca)
Parroquia: Taboexa (Santa María)
Lugar: O Mouro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Esta laxe granítica posúe varios gravados que a mitoloxía popular asocia a imaxes de penes. O conxunto está formado por dúas inscricións separadas por unha coviña, un deles cunha lonxitude de 24,5 cm. e o outro de 23 cm.; a coviña ten uns 6,5 cm de diámetro.

Este petróglifo atópase ao carón do Lagar rupestre de Taboexa (http://patrimoniogalego.net/index.php/79501/2015/11/lagar-rupestre-de-taboexa/), e nas proximidades do Castro de Altamira.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Esta pedra leva asociada a lenda que fala dos seus poderes de fecundación femininos.
Contan que antigamente as mulleres que querían quedar preñadas rozaban o seu sexo contra esta laxe dos penes.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=zZt_6NJPb3fE.kmAujEcOMsig
http://www.taboexa.es/2011/08/prehistoria-de-taboexa-corregido.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1271680919
Lonxitude: -8.42759728432
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84