Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: A Cañiza / As Neves
Parroquia: Luneda (Santa María)
Lugar: A Porteliña
Outra denominación do ben: Chan do Marco
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este conxunto de pedras conforman o denominado Chan do Marco, que marcan as extremas dos concellos de As Neves e A Cañiza. Trátase dun conxunto de esteos entre os que destacan dous deles de forma piramidal; un de pequeno tamaño cunha cruz gravada, e outra de maior tamaño con tres cruces gravadas en tres das súas caras.
Este marco ten propiedades milagreiras relacionadas cos ritos de fecundidade, sobre todo coas rogativas da choiva ou do sol.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición di que tres mulleres chamadas María tiñan que partir de diferentes lugares rezando e portando cada unha un chusco de pan para deixalo en ofrenda na denominada “casiña da Santa”, que é o lugar onde apareceu a imaxe da Virxe da Franqueira. A procesión tiña como finalidade a rogativa para pedir que chovera ou viceversa.
Se a rogativa pedía chuvia se xiraba o marco mirando ao Oeste; ou tamén levaban o marco ata un regato próximo que se atopa na parroquia de Batalláns, concello de As Neves. No momento que chegaba o bo tempo o marco se limpaba e se transportaba ata o seu lugar orixinal.
Se a rogativa pedía bo tempo se xiraba o marco coa cruz mirando ao Norte.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/caniza/marcoauga.html
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/11/pedrafita-menhire-do-chan-do-marco.html

BIBLIOGRAFÍA:
SAMPEDRO FERNÁNDEZ, ANDRÉS “Una apróximación al mundo de la Nieve en Galicia” Cuadernos de etnología y etnografía de Navarra, 1999. Año nº 31, Nº 73, p. 381-408. (Enlace web:
dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/308963.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Chantáronlle un letreiro de TECOR SOCIETARIO.


Onde está localizado

Latitude: 42.1604569275
Lonxitude: -8.35647985339
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84