
Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Cespón (San Vicenzo)
Lugar: San Roque
Outra denominación do ben: Cruceiro do Calvario
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Calvario feito no ano 1585, composto por tres cruces que nacen dunha plataforma feita en pequenos perpiaños de pedra granítica, e catro chanzos. O conxunto aínda conserva restos da policromía orixinal.
A cruz central nace dunha base cuadrangular coas arestas rebaixadas e na que podemos ver símbolos da Paixón como caveiras e tibias. O varal, de sección octogonal estriado, da paso a un capitel tipo xónico, con volutas, follas de acanto e anxos nos seus catro lados. A cruz é circular, de forma leñosa e con nos. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe en actitude de orar e sobre peaña dun anxo no reverso.
As cruces laterais nacen sobre unha base cadrada coas arestas rebaixadas. Nos seus varais, de sección octogonal, levan unha cartela.
O Calvario de San Roque foi mandado construír polos señores Gómez Ares de Mosquera e Elvira Prego de Montaos. No ano 1879 foi reformado por iniciativa dos señores D. Antonio Piñeiro y Aguilar e Dna. María Asunción Diago y Tirry, Condes de Canillas.
Hoxe en día é propiedade dos herdeiros do pintor Roberto González del Blanco.
Ao seu carón atópase a Capela de San Roque (http://patrimoniogalego.net/index.php/79649/2015/11/capela-de-san-roque-13/) conformando un fermoso conxunto.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA004.PDF (Páxina 3)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA002.PDF (Páxina 10)
http://www.boiro.org/boiro/ShowService.do?serviceId=42&fields=NCI1W3&startIndex=16
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/outras-capelas-2-3.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=11162&ctre=55&volverFicha=true
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6775570922Lonxitude: -8.85595679283
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





