Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Praza de Santa María, Cidade Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Real Colexiata de Santa María do Campo é unha igrexa de planta basilical, con tres naves e capela maior na cabeceira. Estas naves están separadas por catro piares cadrados con semicolumnas nas súas caras. Edificouse no século XIII, e foi elevada ao rango de Colexiata en 1441. O corpo primitivo tiña cinco tramos aos que engadiron tres máis na reconstrucción do século XIX. As tres naves cúbrense con bóvedas que arrincan á mesma altura. A principal está lixeiramente apuntada. No exterior as tres naves cúbrense cunha soa cuberta a dúas augas.
A nave principal está sostida por arcos faixóns lixeiramente apuntados, mentres que as naves laterais sostéñense mediante arcos de medio punto peraltados. O estudio dos empuxes non foi resolto adecuadamente, o que obrigou a engadir outros arcos intermedios nos tramos da nave central, que descansan en ménsulas octavadas. En 1945 foron reforzadas mediante arcos escarzados nas naves laterais. Os arcos formeiros son de medio punto, con capiteis de decoración vexetal, de tradicción románica. Entre os capiteis historiados destaca o adicado á Adoración dos Magos e o que representa unha escena cinexética. Xunto ao arco de ingreso ao presbiterio está a capela da estrela, do século XVII, de planta rectangular cuberta con bóveda estrelada. No exterior segue a tradición románica da catedral de Santiago de Compostela, ao presentar grosos contrafortes unidos por arcos de medio punto.
Entre os anos 1879 e 1899 o arquitecto Juán de Ciorrega prolongou dez metros cara occidente a nave con estilo neorrománico.
O templo posúe unha portada principal e dúas laterais. A principal foi trasladada dende a súa situación orixinal en 1879 ao reformarse o templo. As torres son de planta rectangular, sendo de interese a do lado da Epístola, ou das campás, con arcos de medio punto e un remate en forma de chapitel pétreo.
A portada principal, de arredor do 1225, é de tradición románica. Ten un arco de medio punto con arquivoltas que descansan en columnas acodilladas con capiteis vexetais. No tímpano represéntase unha Epifanía ou Adoración dos Reis, símbolo da Encarnación. Nas columnas centrais das xambas houbo unha Anunciación gótica, hoxe no interior da igrexa. A portada norte ten representada no seu tímpano, tamén de arcos de medio punto, a lenda do martirio de Santa Catalina de Alexandría. A portada sur ten unha iconografía complexa; crese que representa unha escea monástica, na que un abade aparece rodeado por varios monxes aos que bendice.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitectura da provincia da Coruña, A Coruña”, Volumen VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
– “Arquitectura románica de A Coruña, Faro-Mariñas-Eume”, Departamento de Historia de la Arquitectura de la ETSA de A Coruña, 1983.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.37078225980057
Lonxitude: -8.392602503299713
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84