Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto,
Concello: Mariña Oriental (comarca) / Ribadeo
Parroquia: Rinlo (San Pedro)
Lugar: O Cantal ( Rinlo)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Para protexer as embarcacións dos embates do mar houbo que alterar a configuración da costa dando lugar a este peirao. Consta dunha sólida construción de pedra que conforma o peirao cunha rampla e o viario de acceso. Cimentado sobre o propio solo rochoso para buscar un firme apropiado, a base de amontoar pedras que rematan nunha soleira, cunha altura que vai en función das mareas, e sobre a que xorde o peirao e que se prolonga polo viario de acceso con protector de peitoril de cachotería. A rampla con amarres para o atraque das embarcacións vai cunha reixa metálica como elemento de protección. O muro de contención ten función protectora dos vento e as mareas. Para o acceso as embarcacións hai unhas escaleiras de sólida construción de pedra e con varandas metálicas. Atópase na costa da Enseada da Areosa e nunha contorna urbana de edificacións tradicionais. Xunto con Ribadeo, este é o único porto histórico do concello. Este tradicional pobo mariñeiro naceu nun estreito abrigo da costa e a súa dedicación ao mar documéntase xa nos tempos medievais. Segundo algunhas informacións puido ter a súa orixe nun porto baleeiro de máis 500 anos de historia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca009.PDF
pax 8


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5574822591
Lonxitude: -7.10448503494
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84