Igrexa parroquial de San Xoán de Macenda
Catalogouno Oscar Franco o Nov 13, 2015 • 10:59 a.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Macenda (San Xoán)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa do século XVIII feita a base de perpiaño granítico escuadrado e encintado na fachada principal, e perpiaño irregular no resto. Posúe unha soa nave con bóveda de canón e teitume a dúas augas. Nun dos laterais atópase a Sancristía. O acceso realízase por medio dunha escalinata para salvar a pendente
Na fachada principal podemos ver a porta de acceso e, sobre ela, unha fiestra rectangular con derrame interno. Nun dos laterais atópase a torre-campanario, elemento construído no ano 1778 polo mestre canteiro Matías González. Aparte dos seus diferentes elementos decorativos, como molduras labradas e unha fiestra ovalada, destaca un brasóns coas armas das familias dos Caamaño, Figueroa e Mendoza.
O interior alberga diversas imaxes relixiosas, entre as que destaca a Virxe das Neves.
Ao carón da igrexa podemos ver a Reitoral.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA002.PDF (Páxina 6)
http://www.boiro.org/boiro/ShowService.do?serviceId=42&fields=NCI1W3&startIndex=6
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/san-xoan-de-macenda.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7173453141Lonxitude: -8.87743860483
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84