Cruceiro no adro da igrexa de san Xoán de Macenda
Catalogouno Oscar Franco o Nov 13, 2015 • 1:33 p.m. •

Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Macenda (San Xoán)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Este cruceiro, situado nun pequeno outeiro ao carón da igrexa de San Xoán de Macenda, nace sobre tres chanzos cadrados. A súa base moldurada da paso a un varal de sección cadrada no seu primeiro terzo, e continúa cadrado coas arestas rebaixadas no resto.
O capitel, decorado con volutas e caras de anxos nas súas catro caras, soporta unha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas no reverso. Esta última imaxe posúe restos de policromía.
O conxunto complétase cunha mesa que fai funcións de pousadoiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA004.PDF (Páxina 14)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7174911416Lonxitude: -8.87824594975
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





