
Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Praza das Bárbaras, Cidade vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Este convento tomou a súa advocación dun oratorio adicado a Santa Bárbara que había no lugar que hoxe ocupa o actual edificio. O convento foi fundado por un grupo de mulleres laicas a mediados do século XV, que vivían nunhas casas próximas á ermida de Santa Bárbara. Nese tempo Gómez Pérez das Mariñas fíxolles doazón dunha casa e unha horta, co que estas mulleres, presididas por Aldara Núñez, formaron unha comunidade coa regra da Orde Terceira de San Francisco como modelo. Ao aumentar o número de compoñentes concédeselles máis privilexios, tanto por parte do concello coruñés, como polo do Arcebispado de Santiago. A congregación convírtese en convento de monxas de clausura no século XVII, ingresando na Orde de Santa Clara no ano 1912.
Do edificio primitivo de estilo gótico consérvase o arco da ábsida, sendo substituído polo actual templo de estilo barroco entre os séculos XVII e XVIII, e rematado en 1786. Está realizado en pedra con portalón barroco e xanelas enreixadas. Sobre a porta de acceso ao patio do convento aparece rodeado por unha orla con cravos e rosas, que representa o Xuízo Final, o Padre Eterno sedente e presentando a Cristo Crucificado; á súa dereita a representación do sol, e á esquerda, a Lúa. San Miguel pesa as almas na balanza e á dereita do Padre preséntase o Apóstolo Santiago, vestido de pelegrín, protexendo as almas dos pelegríns. Dentro do patio, sobre un arco apuntado, atópase un relevo que procede do tímpano da antiga igrexa. Representa á Virxe sedente, sostendo ó Neno, con Santa Bárbara e Santa Catalina. Santa Bárbara aparece á esquerda coa palma e o cestiño; á dereita aparece Santa Catalina coa roda do martirio, e cun edificio que lembra á Torre de Hércules.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior do recinto existe un sarcófago de pedra baixo arcos apuntados, do século XIV, no que se representa un Apostolado.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitectura da provincia da Coruña, A Coruña”, Volumen VI, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.37090899437131Lonxitude: -8.391502797603607
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84