Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Macenda (San Xoán)
Lugar: Moimenta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Este peto de ánimas, situado nun antigo Camiño Real, consta dunha base cúbica que fai de base. Máis arriba un perpiaño granítico cúbico de menor tamaño que o anterior, no que podemos ver o caixón para as esmolas.
O conxunto remata nun retablo feito en pedra no que aparecen as imaxes da Virxe do Carme sobre unha nube e, por debaixo dela, tres ánimas.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Fernández de la Cigoña E Castro recolleron a seguinte información:
“o peto foi encargado en 1882 polo dono dun mesón, Eliseo Lago García, a Andrés Castaño Fernández, o Vello Santeiro de Chave, para instalalo
xunto a unha fonte e un antigo cruceiro. Posteriormente se trasladou dende a parte alta da aldea ata a súa ubicación actual”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia dea Coruña. Ed. IR INDO, 1998

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao e CASTAÑO, José Andrés. “Vidas labradas en pedra. Os santeiros de Chave-Lousame” Ed. Concello de Lousame. 2001.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7159594928
Lonxitude: -8.88751550312
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84