Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Cures (San Andrés)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre unha base cúbica que posúe relevos de caveiras nos esquinais superiores.
O seu varal, que nace en sección circular, continúa circular para rematar nun capitel moldurado con volutas.
O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas e remates florenzados. Nela podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cun grande manto e co Neno no colo no reverso.
Acompañando ao cruceiro vemos unha mesa a modo de altar.

O conxunto foi reformado recentemente.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA004.PDF (Páxina 12)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6975963216
Lonxitude: -8.89600351453
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84