Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Boiro (Santa Baia)
Lugar: Comoxo
Outra denominación do ben: Cruceiro e peto de Ánimas de Cuco de Medio
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Rodeado e defendido por un pequeno muro podemos ver este cruceiro que nace sobre tres chanzos cadrados. Apoiado sobre eles aparece o peto de ánimas, moi desgastado no que se poden ver varias tres ánimas entre as lapas; posúe unha inscrición na parte baixa que di: “LU. DE COMOXO”.
A base, cúbica coas arestas rebaixadas, soporta un varal que nace en sección cadrada e segue en octogonal. O capitel posúe follas de acanto, volutas e caras de anxos nos seus catro lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica no que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA005.PDF
(Páxina 19)
https://cruceirosdegalicia.xyz/150110315.html?fbclid=IwAR3A8qrIlJcx1Pe8MDReZNYKFMMG-iANRz_9clhxr_gfe55pEtt0rQY9zpM

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA
BOIRO. (en lina: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMBoiro.html)

CASTAÑO CASTAÑO, José Andrés e FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2001). VIDAS LABRADAS EN PEDRA. OS SANTEIROS DE CHAVE – LOUSAME”. Concello de Lousame.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6787500845
Lonxitude: -8.88928592205
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84