Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: Palas de Rei
Parroquia: Albá (Santiago)
Lugar: Albá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Tumba antropomorfa de orixe sueva, de arredor do século VI, conforme recolle o cartel explicativo que a acompaña. Atópase na aldea de Albá usada como pía para darlle de beber aos animais. Ten a particularidade de amosar na pía espazo para albergar dous corpos, como se deduce do rebaixe dobre da parte superior do elemento que correspondería coas cabezas. O sartego atópase moi preto da entrada da Igrexa de Santiago de Albá, e está nunha praciña ao lado dunha fonte e un cruceiro, e próxima a un peto de ánimas. Decidiron deixala alí para ese uso despois dunha pequena remodelación da praza, pois era a súa función acostumada dende tempo inmemorial.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8465399372
Lonxitude: -7.88769543171
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84