Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Fisterra
Parroquia: Fisterra (Santa María)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal octogonal con remates en chafrán. O varal é octogonal comezando en cadrado cuns adornos nos chafráns. Ten un capitel octogonal con astrágalo octogonal e liso, ábaco de lados rectos e con follas de acacia e flores. A súa cruz é gótica con remates de forma potenzada. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. Un dosel coa Virxe e San Xoán. O seu pano de pureza vai sen nós. Polo reverso da cruz fica a Virxe Sedente co Neno. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FISTERRA/documents/0188CA013.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9020495538Lonxitude: -9.26339507103
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84