Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Boiro (Santa Baia)
Lugar: Teaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro do ano 1879 que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica coas arestas achafranadas posúe unha inscrición que di:
“SE REEDIFICO
A DEVOCION DE
CONSTANTE RAMA
LLO. AÑO DE
1956”.
O seu varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, da paso a un capitel decorado con volutas e caras de anxos.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as figuras de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe orante no reverso.
Este cruceiro posuía un peto de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/115469/2023/03/peto-de-animas-de-teano/) que, a día de hoxe, se atopa no interior dunha propiedade privada, descendentes do citado Constante Ramallo (indicado na inscrición da base).
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/150110308.html
http://www.boiro.org/boirodata/Features/268/Files/RAMALLO.pdf
REFERENCIAS BIBLIOGRAFICAS
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio. (1990). Un cruceiro ben documentado o de Teaño (Boiro, A Coruña). Ed: Museo de Pontevedra.
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ir Indo Edicións.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 cruceiros, fervenzas, miradores e outras vistas do Barbanza (Boiro). (En liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15011/BOIRO.pdf).
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6634474829Lonxitude: -8.89495611191
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84