Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Sabugueira (San Paio)
Lugar: Vilamaior
Outra denominación do ben: Castro de Mendes
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro ten como emprazamento un esporón de dorsal e está a unha altitude de 340 metros. Presenta unha croa que ten unhas dimensións de 80 m. no eixo SO-NL, e uns 90 m. NO-SL. Pola zona sur está defendido por un parapeto de terra que conforma uns bastións que flaquean a entrada ao castro. Cara á zona norte podemos ver dúas terrazas de forma escalonada defendidas por terrapléns. A lonxitude do conxunto da zona total do castro acada uns 125 m. SO-NL e 170 m. NO-SL. Na foto do 1956 parece apreciarse pola zona do leste, a zona máis chan e desprotexida do terreo onde se asenta o recinto, unha dobre muralla cun foso no medio e a unha distancia de 100 metros da entrada da croa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Acuña Castroviejo, Fernando. 1968. Yacimientos arqueológicos prerromanos
del ayuntamiento de Santiago de Compostela. Tese de licenciatura.
García Martínez, Manuel Carlos (1971) Morfoloxía castrexa das Terras de Compostela.
Compostelanum XVI.Santiago.
PXOM 2007 Santiago de Compostela
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga /documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.pdf
pax. 47 do pdf. (224 de 401 do catálogo do PXOM)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8946973472
Lonxitude: -8.44465613365
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84