
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Boqueixón / Santiago (comarca)
Parroquia: Vigo (Santa Baia)
Lugar: Vigo. Cobelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Segundo a descrición na ficha do PXOM de Boqueixón do ano 2015, trátase dunha pequena construción circular feita a base de cachotería e elavada do terreo, que podería ser a base ou cimentación dunha torre medieval, cunhas medidas de 28 metros de diámetro e 3 metros de altura. Está atravesada por un camiño e hai na cima un vértice xeodésico. Está a unha altitude de 450 metros no cume do monte Alto do Castelo. O lugar ten inmellorables vistas sobra a zona de Santiago e o val do río Ulla. Segundo o traballo de Sánchez e Galván, “Fortificacións en altura en el entorno de Santiago de Compostela”, no lugar chegouse a atopar restos cerámicos, como soe ser característico neste tipo de asentamentos medievais, e ademais escouras de ferro e fragmentos metálicos amorfos Na contorna hai unha zona de rocha cun gran número de cazoletas de escasa profundidade que puideron ser encaixes para unha estrutura, e unha zona de extracción de rocha.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOQUEIXON/documents/27920ca001.PDF
pax. 14
Sánchez Pardo, José C., Galbán Malagón, Carlos J. “ Fortificaciones de altura
en el entorno de Santiago de Compostela. Hacia un primer análisis arqueológico
comparativo”. NAILOS. Estudios interdiciplinares de Arqueología. (pax 137 e 138)
http://nailos.org/wp-content/uploads/2015/02/Nailos_2_art4.pdf
Rodríguez Resino. Alvaro. Comunidades rurales, poderes locales y señorío episcopal
en la tierra de Santiago de los siglos V a XI: una visión desde el registro
arqueológico . Ano 2008. (pax 228, 229)
http://www.aranzadi.eus/fileadmin/docs/Munibe/2008219245AA.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8663319159Lonxitude: -8.45633983612
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Nov 22, 2015
Acceso á ficha do PXOM de Boqueixón do ano 2015 onde esta catalogado
o Monte Castelo
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOQUEIXON/documents/27920ca001.PDF pax. 14