Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: O Xobre (Santa María)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben: Cruceiro de ánimas da Ponte do Maño
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro do ano 1620 que nace sobre un chanzo cadrado. Ten a súa base con moldura e decoración de cunchas nos esquinais. O varal octogonal dá paso a un capitel cadrado. O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Non posúe imaxes.

O curioso deste cruceiro é que leva asociado un peto de ánimas de “quita e pon”. Este peto está feito en madeira e gárdase nunha das casas da contorna. Consiste nunha caixiña de madeira cun pequeno retablo no que se pode ver tres imaxes humanas entre as lapas do Purgatorio.

Segundo Fernández de la Cigoña, este cruceiro é un dos poucos que existen en Galicia que posúe un peto de quita e pon.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000010762
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca028.pdf (Ficha 102 – Páxina 2)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://cruceirosdegalicia.xyz/150670501.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998
MARTíN RUíZ, Luis. (1999). Cruceiros da provincia da Coruña. Ed: Deputación Provincial da Coruña.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA – POBRA DO CARAMIÑAL (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15067/APobraDoCaraminal.pdf)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5971074842
Lonxitude: -8.93376633525
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84