Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Posmarcos (Santo Isidro)
Lugar: A Ribeiriña
Outra denominación do ben: Cruceiro do Conchido - Cruceiro e peto de ánimas da Ribeiriña
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección octogonal. A súa base, cúbica coas arestas rebaixadas, posúe a seguinte inscrición:
“FUE LA FUNDADORA
MICAELA GARCIA
Y SE DESGRACIO EN
AÑO DE 1871”.

O seu varal posúe o seu primeiro terzo en sección cadrada na que podemos ver varios relevos sobre a paixón como o martelo con tres cravos, as tenaces e a escada. O resto do varal é octogonal e destaca por unhas inscricións feitas en vertical que din o seguinte:
“Y LO MANDO HACER Pº 2. VEZ BEGNINO BOO. Y SU ESPOSA SERAFINA POUSO AÑO DE 1872”.

O seu capitel, decorado con volutas e caras de anxos nos seus catro lados, dá paso a unha cruz de sección cilíndrica con nos. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.

Ao carón do cruceiro aparece o peto feito en pedra granítica, de tipo aberto. Posúe un relevo no que se pode ver tres ánimas entre as lapas. Por debaixo, o peto para as esmolas, hoxe sen tapa de ferro.

Segundo recolle Fernández de la Cigoña, antigamente ao carón deste cruceiro eran soterrados os meniños que morrían sen ser bautizados.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000010888
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca006.pdf (Ficha 15 – Páxina 3)

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase á beira dun camiño estreito por onde pasan os coches.


Onde está localizado

Latitude: 42.6292986242
Lonxitude: -8.91184866428
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84