Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Posmarcos (Santo Isidro)
Lugar: A Ribeiriña
Outra denominación do ben: Cruceiro do Conchido - Cruceiro e peto de ánimas da Ribeiriña
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Cruceiro obra do Vello Santeiro de Chave que nace sobre tres chanzos de sección octogonal. A súa base, cúbica coas arestas rebaixadas, posúe a seguinte inscrición:
“FUE LA FUNDADORA
MICAELA GARCIA
Y SE DESGRACIO EN
AÑO DE 1781”.

O seu varal posúe o seu primeiro terzo en sección cadrada na que podemos ver varios relevos sobre a paixón como o martelo con tres cravos, as tenaces e a escada. O resto do varal é octogonal e destaca por unhas inscricións feitas en vertical que din o seguinte:
“Y LO MANDO HACER Pº 2. VEZ BEGNINO BOO. Y SU ESPOSA SERAFINA POUSO AÑO DE 1872”.

O seu capitel, decorado con volutas e caras de anxos nos seus catro lados, dá paso a unha cruz de sección cilíndrica con nos. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.

Ao carón do cruceiro aparece o peto feito en pedra granítica, de tipo aberto. Posúe un relevo no que se pode ver tres ánimas entre as lapas. Por debaixo, o peto para as esmolas, hoxe sen tapa de ferro.

Segundo recolle Fernández de la Cigoña, antigamente ao carón deste cruceiro eran soterrados os meniños que morrían sen ser bautizados.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000010888
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O cruceiro foi restaurado por Escultura-Opaso, cando unha uralita dunha fábrica cercana saíu voando e o rompeu.
O capitel é do cruceiro orixinal (anterior, por tanto, a 1781).


Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca006.pdf (Ficha 15 – Páxina 3)
https://cruceirosdegalicia.xyz/150670304.html
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

BIBLIOGRAFÍA
. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998
MARTÍN RUIZ, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Deputación da Coruña.
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio (2014). CRUCEIROS DE ANXIÑOS OU CRUCEIROS DO LIMBO (I). Actas do V Congreso Galego de Cruceiros. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.
CASTAÑO CASTAÑO, José Andrés e FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao (2001). VIDAS LABRADAS EN PEDRA. OS SANTEIROS DE CHAVE – LOUSAME. Ed: Concello de Lousame.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. MAIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES E OUTRAS VISTAS DO BARBANZA (A Pobra do Caramiñal). (En liña)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase á beira dun camiño estreito por onde pasan os coches.


Onde está localizado

Latitude: 42.6292986242
Lonxitude: -8.91184866428
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84