Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Cespón (San Vicenzo)
Lugar: Sandrenzo
Outra denominación do ben: Cruceiro da Casa Nova
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Fermoso conxunto formado por un cruceiro e un peto de ánimas.

O cruceiro nace sobre unha base con moldura na que podemos ver varios epígrafes. Nun dos lados: “A DEVOCION DE EVARISTO GARCIA Y SU MUJER E HIJOS”. Noutro lado: “AÑO 1917”.
O seu varal comeza en sección cadrada e continúa en octogonal. A continuación o capitel, decorado con volutas, follas de acanto e caras de anxos. O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica con nós semellando a madeira na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas e apoiada sobre unha peaña con forma de cara de anxo no reverso.
Tanto o capitel como a cruz aparecen policromados.

O peto, situado ao carón do cruceiro, é de tipo aberto, formado por unha grande fornela con remate curvo entre dúas columnas. No seu interior aparece unha representación de tres ánimas entre as lapas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000001957
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA005.PDF (Páxina 18)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.boiro.org/boirodata/Features/309/Files/SANDRENZO.pdf
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=11161&ctre=55&volverFicha=true


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6709497577
Lonxitude: -8.87319201715
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84