Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Culleredo
Parroquia: Culleredo (Santo Estevo)
Lugar: Tarrío, Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O emprazamento orixinario foi embebido polo Sistema Xeral Aeroportuario e polo tanto o cruceiro foi trasladado e situado ante a Igrexa parroquial de Santo Estevo. Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma tipo pilastra executada en cachotería sobre a que se asenta un pedestal cuadrangular. O seu varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular con moldura que soporta unha cruz cuadrangular cuxos brazos teñen as esquinas en chafrán e remates en flor con botón central. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación debido a súa erosión. Este cruceiro ten moito máis de cen anos segundo o seu párroco polo cal ven sendo un Ben de Interese Cultural. Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2889923626
Lonxitude: -8.38428899646
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84