Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Bealo (San Pedro)
Lugar: A Ponte Beluso
Outra denominación do ben: Ermida das Angustias
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Edificación do século XVIII ou XIX feita a base de perpiaño irregular, con planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Na súa fachada principal podemos ver a porta de acceso alintelada. Sobre ela unha curiosa pedra cunha inscrición de difícil lectura. Tamén aparece outra inscrición coa data na que a igrexa foi trasladada ata o seu lugar orixinal: 1985.
Un pouco máis arriba unha pequena fornela coa imaxe pétrea da patroa da ermida.
Aos lados da porta aparecen dous relevos feitos en pedra. Unha delas representan ás benditas ánimas do Purgatorio, posiblemente sexa San Miguel que libra do Purgatorio á ánima do centro que a levanta polos pelos; no outro a Virxe Dolorosa co Cristo sobre o seu colo.
O conxunto remata cunha espadana dun só oco con cruz de ferro no cume.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA002.PDF (Páxina 10)
http://www.boiro.org/boiro/ShowService.do?serviceId=42&fields=NCI1W3&startIndex=11
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/outras-capelas-2-3.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6878535368
Lonxitude: -8.84497582912
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84