Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Culleredo
Parroquia: Culleredo (Santo Estevo)
Lugar: Tarrío, Cemiterio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo”, cunha pena redondeada por mor da erosión como plataforma e sen pedestal. O varal é circular, leñoso con nós na que ten unha serpe bíblica ascendendo pola súa base. O capitel é cilíndrico, con astrágalo circular e liso. Ten ábaco de lados rectos ademais de volutas e vieiras. A súa cruz é como o varal, circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
No ano 1970 inaugúrase o cruceiro no cemiterio e dez anos despois foi destruído por un camión por mor dunhas obras. Volveuse a facer outro cruceiro idéntico ao que rompeu, segundo as palabras do actual párroco desta fegresía na que tamén nos relatou que, a pena que ten como plataforma, elixíuna el despois de vela nun paseo polo monte.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2886042889Lonxitude: -8.38346555829
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84