Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Muros
Parroquia: San Pedro de Muros
Lugar: Campo das Cortes
Outra denominación do ben: As Cortes
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Trátase dun conxunto de alpendres para gardar o gando moi típicos nestas zonas, pero estes chaman á atención por estar tantos xuntos nun pequeno espazo nos arredores do camiño que conduce de Campo das Cortes á aldea de Taxes. Consta de dus ringleiras paralelas á beira do camiño composta por catro cortes a cada lado, aparte de varias máis espalladas nas inmediacións. Outro detalle interesante é a cantidade de cruces gravadas nos seus interiores co obxectivo de protexer ao gando.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A apertura dunha pista forestal por riba do camiño deixou un desnivel na entrada de varios deles. Como consecuencia do abandono a maior parte deles atópase en perigo de derrumbe. Moi poucos conservan os tellados e só un foi restaurado.


Onde está localizado

Latitude: 42.7663319322
Lonxitude: -9.06327545643
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84