Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: Dodro (Santa María)
Lugar: Vigo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Gran Pedra Redonda de proporcións colosáis con forma oval que di a lenda que foi levada para ese sitio por un xigante. Nas inmediacións atopouse unha cabeza de pedra labrada de forma sutil, de cronoloxía indeterminada, e que se conserva no Museo arqueolóxico do Castelo de Santo Antón. Ten na súa superficie covas ou cazoletas formadas pola erosión da auga e que a tradición atribúe ás pegadas do Apóstolo Santiago.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Pedra Redonda
Dinnos que o lugar no que se atopa chámase A Alla, supoñemos que pola
abundancia de allos bravos (Allium sp.). Gonzalo Navaza, na Fitotoponimia
comenta esa posibilidade para topónimos semellantes. Ovo abisal
froito do parto dos montes, A Pedra Redonda que está arriba de Vigo,
no camiño que vai á Mina, é un outeiro ciclópeo, un petón xigantesco
puído cara o nacente coma unha esfera celeste. Poñémola á parte porque o
merece. Nas proximidades dela atopouse unha cabeza toscamente labrada
nun bloque granítico que se conserva no Museo Arqueolóxico de A Coruña,
probablemente do período castrexo. A Pedra Redonda ten na súa
superficie, coma os penedos do Santiaguiño do Monte e coma moitos outros,
covas ou cazoletas formadas pola erosión das augas, que a tradición popular quere que sexan as pegadas do cabalo do Apóstolo e noutros lugares
de Galicia as marcas que deixou a burra da Sagrada Familia na fuxida
a Exipto. O que está claro para as nosas xentes é que as pedras
colosais que polos montes paran só puideron quedar varadas neles despois
da chuvieira bíblica do Diluvio Universal. Terra de xigantes. Ó pé da
Pedra Redonda os xeólogos non dubidan.
Toponimia de Dodro e de Laíño.
Os nomes na auga
Manolo Lorenzo


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BALEIRÓN, Manuel Lorenzo: “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”. Concello de Dodro. Concellaría de Cultura e Patrimonio. 2011
http://www.concellodedodro.org/c/document_library/get_file?uuid=6ab9e609-264f-48da-901b-e27ecf6a3a3b&groupId=12226


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7221850265
Lonxitude: -8.69473993778
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84