Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Taragoña (San Salvador)
Lugar: A Burata
Outra denominación do ben: Cruceiro e peto de ánimas de Souto
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Conxunto do ano 1848 formado por un cruceiro e un peto de ánimas.

O cruceiro nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cúbica coas arestas rematadas en chafrán posúe unha inscrición no que aparece o ano da súa construción, e di o seguinte:
“A DEVOCION DE
FRANCISCO TU
BIO Y LU
CIANO
DE CAS
TRO”

O seu varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe diferentes relevos que representan os símbolos da Paixón: Martelo, tenaces e escada. O seu capitel aparece decorado con volutas, follas e querubíns. Finalmente a cruz, de sección octogonal con remates en flor, no que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe cunha espada cravada no peito e sobre peaña de querubín no reverso.

O peto de ánimas está feito con pedra granítica, e é de tipo aberto. Na parte inferior aparece o caixón das esmolas, hoxe sen porta. Na parte superior podemos ver a representación de seis ánimas entre as lapas do Purgatorio, todas elas nunha pedra con forma ovalada.
O peto tamén ten unha inscrición, aínda que moi erosionada e pouco lexible.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Cruceiros e petos de ánimas. Ficha C-110 – Páxina 110)
http://omarfeitotradicion.gal/cruceiros
https://cruceirosdegalicia.xyz/150720616.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2015). Os cruceiros do Concello de Rianxo. Editorial Toxosoutos.
VV. AA. (2013). CURIOSIDADES DE ALGÚNS CRUCEIROS DE PONTEAREAS. Actas do IV Congreso galego de Cruceiros. Ed: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
RIANXO. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRianxo.html)
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6848379318
Lonxitude: -8.83899584413
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84