Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Taragoña (San Salvador)
Lugar: Ourolo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de capela coa plataforma enterrada, o varal ten sección cadrada coas arestas rematadas en chafrán. Na súa parte inferior hai gravadas varias cruces e tamén un cáliz.
A capela nace sobre unha base troncopiramidal na que aparece o relevo dun anxo con ás nas catro caras. Posúe unha cuberta a catro augas e o teitume plano. No seu interior podemos ver a imaxe da Nosa Señora das Neves co Neno collido polo brazo esquerdo. No brazo dereito colle unha bola.

O conxunto remata nunha cruz, de sección cadrada con remates nos vértices, na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado (ao que lle falta a cara) no anverso e a Virxe das Angustias co seu Fillo no colo no reverso.

Non se sabe como é o nacente do cruceiro debido a que se atopa cuberto de terra.
Durante varios séculos tivo un farol, hoxe desaparecido.

Este cruceiro de capela, debuxado por Castelao, pode situarse na primeira metade do século XVII.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo os que viven a carón, cando se asfaltou o camiño (non hai aínda moitos anos), unha máquina petou contra el pero non o chegou a derrubar.

Cando o debuxou Castelao a imaxe estaba virada para un lado, o que indica que nesta época aínda as mulleres practicaban o vello costume de colócala cara a onde conviñese, segundo a dirección que trouxese ou levase a embarcación onde ía o marido, o mozo, os irmáns, etc.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Cruceiros e petos de ánimas. Ficha C-094 – Páxina 94)
http://omarfeitotradicion.gal/cruceiros
http://cruceirosdegalicia.xyz/150720605.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2015). Os cruceiros do Concello de Rianxo. Editorial Toxosoutos.
GARCÍA PERMUY. (1993/94). OS CRUCEIROS DE CAPELIÑA NA TERRA DO BARBANZA: OS “LORETOS. Brigantium, boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña”, vol. 8.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio. (2000). OS CRUCEIROS DE CAPELA: V. CONCELLO DE RIANXO (II). CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS Tomo XLVII, nº 112.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
RIANXO. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRianxo.html)
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/185/188

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6801343211
Lonxitude: -8.83132874966
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84