Cruceiro do Rego do Cacheiro
Catalogouno Oscar Franco o Dec 2, 2015 • 7:11 p.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Taragoña (San Salvador)
Lugar: Ourolo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro pegado a un muro dunha casa privada. Nace sobre unha pequena base coas arestas rematadas en chafrán. A Continuación un varal que no arranque é cadrado e continúa en sección cilíndrica. O seu capitel está decorado con rostros de anxos e caveiras.
O conxunto conclúe nunha cruz de sección cadrada con decoración nos remates dos brazos. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Cruceiros e petos de ánimas. Ficha C-106 – Páxina 106
https://cruceirosdegalicia.xyz/150720613.html
BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2015). Os cruceiros do Concello de Rianxo. Editorial Toxosoutos.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
RIANXO. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRianxo.html)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6814643029Lonxitude: -8.83272349834
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84