Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Sada
Parroquia: Sada (Santa María)
Lugar: Sada (Praza da Igrexa Nova)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico coas arestas en chafrán. No lado do anverso da cruz, na cara do pedestal ten unha placa que pon: “A D. IGNACIO TOIMIL VILA PÁRROCO DE SADA EL ILMO. AYUNTAMIENTO, EL CONSEJO PARROQUIAL Y SUS FELIGRESES SADA. JUNIO 2001”. Ten un varal cuadrangular coas arestas rematadas en chafrán que leva un capitel cuadrangular moldurado cunha escocia. A súa cruz é cuadrangular cun lixeiro chafrán nos seus brazos. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos. Ten a cabeza ergueita e o seu pano de pureza semella ir sen nós. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3509094589
Lonxitude: -8.25592182577
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84