Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coristanco
Parroquia: Valenza (San Pedro)
Lugar: Castroboo, Valenza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

De estilo barroco, data do século XVIII reformado no século XX, sendo un edificio de planta rectangular con cuberta a dúas augas en tres niveis. Do antigo edificio conservouse a fachada principal e a espadana, e ambas foron, igualmente, obxecto de restauración. A espadana de dous corpos, situada no lateral esquerdo da fachada, consta de dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven para aloxa-las campás e no segundo corpo, un frontón triangular cun arco de medio punto no centro, todo esto rematado por unha cruz de pedra. A fachada, no seu eixo central, consta dunha porta rectangular alintelada e moldurada. Enriba desta, ten tres pezas de cantería, tendo a central insculpida a chaves de San Pedro. Nas pedras laterais ten unhas inscricións ó igual que nuns sillares no lateral da espadana. No centro da fachada ten unha fornela que abeira unha imaxe de San Pedro. Esta fornela está flanqueada por dúas xanelas rectangulares. esta fachada está rematada no seu vértice por unha cruz cuadrangular de pedra enriba dun acroterio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CORISTANCO/documents/0135CA003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1969109373
Lonxitude: -8.80706012249
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84