Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Mariña Central (comarca) / Mondoñedo
Parroquia: Mondoñedo (Nosa Señora do Carme)
Lugar: Mondoñedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Casa situada na rúa Pascual Veiga, nº 11, que antes era coñecida pola rúa dos Templarios. A casa sería unha antiga edificación coñecida coma “ a Torre”, probablemente do século XVI, a que se lle engadiu unha edificación posterior no soar dianteiro. Conta con baixo e dúas alturas e amosa tres entradas para o acceso ao interior. Os linteis das portas e os marcos das ventás enrasadas amosan sillería granítica, o resto de muro está feito a base de cachotería e está recebado e pintado de branco. Remata na parte superior da fachada en beirado saínte.
No centro da fachada leva unha placa de mármore branco que recorda o nacemento do compositor Pascual Veiga, o 8 de Abril de 1848, e o día da súa morte no 1906. Entre outras pezas habería que destacar a Alborada que leva o seu nome, e a música do himno galego, que leva a letra do poema Os Pinos, de Eduardo Pondal. A peza foi estreada na Habana o 20 de decembro 1907.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://reigosa.blogaliza.org/?p=523
http://www.mondonedo.net/content/view/661/132/lang,es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4284580944
Lonxitude: -7.36235797405
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84