Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castroverde
Parroquia: Vilariño (Santiago)
Lugar: Castroverde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Igrexa parroquial de comenzos do século XX, con cuberta a dúas augas, de lousa sobre armazón de madeira. Posúe dúas capelas laterais unidos por esveltos arcos de medio punto e cunha sancristía apegada no lateral norte. O presbiterio, cuadrangular nun plano máis alto ca nave rectangular, con cuberta a catro augas tamén de lousa e cunha bóveda de canón no interior.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, de arriba abaixo, presenta unha porta rectangular adovelada cun pequeno oco de luz cuadrangular á súa esquerda. Enriba da portada ten unha xanela cuadrangular de luz e rompendo o vértice, a base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados que serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular lixeiramente curvado cun oco circular no centro e flanqueado por dous pináculos. Remata todo o conxunto unha cruz cuadrangular cos brazos achafranados, de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CASTROVERDE/documents/26345CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CASTROVERDE/documents/26345CA011.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.029466598
Lonxitude: -7.32700914145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84