Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergondo / Sada
Parroquia: Osedo (San Xián)
Lugar: Casal da Agra
Outra denominación do ben: O castro; Agro das Arcas; Gabia do Castro.
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro de forma oval, con maior desenrolo no eixo NE-SW e situado a uns 108 metros sobre o nivel do mar. A croa está delimitado por un parapeto que o cingue agás o Leste-NL que está delimitado por un terraplén, se ben orixinariamente debeu ser un parapeto. Presenta un segundo parapeto, separado do anterior por un foxo. Este parapeto acada nalgunhas zonas os catro ou cinco metros de altura tanto polo exterior coma o interior e o parapeto interior vai dos dous a catro metros. Existen terrazas pola parte Sur e Leste do xacemento delimitadas por un terraplén. As medidas da coroa interior son duns 148 metros de L-W por 135 metros de Norte a Sur, sendo duns 220 metros a distancia total de L-W por 177 metros de N-S, abarcando unha Superficie total dunhas 4 Ha.
Semella ter dúas entradas, unha confirmada e ben conservada na parte W-NW, consistente nunha interrupción do primeiro parapeto e nunha prolongación da segunda liña de defensa por diante do acceso. Pola parte L-SL existe un segundo acceso menos impresionante.
Aínda que a maior parte do xacemento está no concello de Sada, pola zona SL sitúase nos lindes do Concello de Bergondo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15075006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/0350CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.331416613
Lonxitude: -8.27465772629
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84