Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Rianxo (Santa Comba)
Lugar: Rianxo - Costiña da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVII feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado na fachada principal, e de cachotería irregular no resto. Con dous andares, o edificio posúe planta trapezoidal.
Na fachada principal podemos ver unha porta principal de aceso con arco de medio punto dovelada. Destaca tamén un escudo nobiliario no extremo esquerdo do primeiro andar.
Na fachada posterior, mirando cara ó xardín e o mar podemos ver un patín sobre pilastra de granito e acceso
ao segundo andar mediante unha escaleira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Cruceiros e petos de ánimas. Ficha B-049 – Páxina 49)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Fai poucos anos a casa comezou a ser reformada. Engadíronlle unha planta superior, de estrutura de formigón e cerramento de ladrillo.
Hoxe en día as obras están completamente paradas.


Onde está localizado

Latitude: 42.6502145341
Lonxitude: -8.81867676973
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84