Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Rianxo (Santa Comba)
Lugar: Rianxo
Outra denominación do ben: Cruceiro Vello
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este cruceiro, o máis antigo de Rianxo, nace sobre cinco chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica moldurada, con caveiras nos ángulos, da paso a un varal que comeza en sección cadrada e continúa en cilíndrico. O seu capitel moldurado soporta unha cruz de sección cilíndrica e remates florenzados. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe coa lúa aos seus pés no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Cruceiros e petos de ánimas. Ficha C-087 – Páxina 87)
http://omarfeitotradicion.gal/cruceiros
https://cruceirosdegalicia.xyz/1507208.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2015). Os cruceiros do Concello de Rianxo. Editorial Toxosoutos.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
RIANXO. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRianxo.html)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6498900119
Lonxitude: -8.81980463862
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84