Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Rianxo (Santa Comba)
Lugar: Rianxo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela do século XVII ligada aos señores do Pazo dos Calote (O Araño, Rianxo), feita a base de cachotería irregular e con teitume a dúas augas. Posúe planta rectangular.
Na súa fachada principal podemos ver a porta de acceso alintelada. Máis arriba unha pequena fiestra cadrada. O conxunto remata nunha espadana dun só oco con remate en cruz pétrea.
Esta capela atopábase nunha illa que, co crecemento do peirao do porto, quedou unida a terra. Nese momento foi trasladada e reformada.
En 1854 foi refuxio para enfermos do cólera.
No adro da capela podemos ver tamén un cruceiro de capeliña de recente factura (http://patrimoniogalego.net/index.php/80774/2015/12/cruceiro-de-capela-no-adro-da-capela-de-san-bartolome/).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior existe unha imaxe da Virxe de Guadalupe sobre un castelo.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Cruceiros e petos de ánimas. Ficha A-016 – Páxina 16)
http://omarfeitotradicion.gal/capelas-e-ermidas
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/outras-capelas-4-1.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5071&ctre=31


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6498791616
Lonxitude: -8.82204562426
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84