Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Sada
Parroquia: Sada (Santa María)
Lugar: Paseo marítimo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Foi construída no ano 1912 no Paseo de Méndez Núñez da Coruña, formando parte dos quioscos que se construíron a comezos do século XX na cidade, ata o seu desmantelamento e traslado no ano 1921 a Sada tras unha serie de reformas, situándose no seu Paseo Marítimo e converténdose nun dos edificios máis representativos do movemento modernista na Galiza. Construída con madeira, ferro, vidro e unha cuberta de chapas de zinc que sustituíu ás lonas que cubrían as terrazas no primeiro terzo do século XX. Inicialmente tiña a planta rectangular cun fronte de 33,5 metros e un fondo de 5,5 metros, se ben apegóuselle un corpo destinado a servizos.
Consta de planta soto, planta baixa onde se sitúan a cafetería restaurante e zona de servizos, e unha planta superior totalmente diáfana.
O edificio é simétrico respecto a un eixo central perpendicular a fachada, situándose a entrada no centro deste eixo. Aínda que na súa orixe accedíase por escaleiras laterais, que era o habitual nas terrazas da época. No traslado a Sada sofre reformas, a porta sitúase no centro da fachada, como xa dixemos, e sobre ela ábrese un balcón, tamén acúrtase o longo orixinal. A Terraza en Sada inauguraríase un 29 de xuño de 1923, con dirección do empresario Manuel Zapata Montero.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Una arquitectura desaparecida, kioskos de refrescos y tinglados de feria de los jardines de Méndez Núñez de La Coruña”. Boletín académico da E.T.S.A da Coruña, nº 10, A Coruña, 1989.
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ,X.:”Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Vol.I; Deputación Provincial da Coruña,1995.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/0350CA001.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3508922886
Lonxitude: -8.25275748968
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84