Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Palas de Rei
Parroquia: Albá (Santiago)
Lugar: Albá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O pequeno templo parroquial intégrano dúas partes, a da nave a dúas aguas e a do altar maior, refeita e elevada a catro aguas. A arquitectura románica áchase no seu igrexario do século XII tardío, que nos lega unha porta que comunica o centro da súa nave de planta rectangular pola cara sur. Ten dobre arquivolta con motivos xeométricos cadrados e catro columnas a modo de xambas con capiteis, que enmarcan a entrada. Os da esquerda con decoración semellante as arquivoltas e os da dereita con motivos vexetais. No seu tímpano sitúase un crismón con cruz celta formada pola unión de cruz grega e un anel que simboliza o Sol e a eternidade. A fachada remata con espadaina de dous vans para as campás e dous pináculos, que tamén se atopan no remate da caída das aguas do tellado.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.846278387326976
Lonxitude: -7.887609601020813
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84