Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cabana de Bergantiños
Parroquia: Corcoesto (San Pedro)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O Castro de Corcoesto, datado posiblemente no século V a.C., encóntrase situado nunha ladeira orientada ao leste, a unha altura duns 200 metros, e nunha área xeográfica rica pola existencia de gran número de mananciais, e porque aos seus pés se estende un amplo val agrícola, de chan moi fértil.
Destaca na súa arquitectura un parapeto de máis de un metro de altura e un terraplén que supera os catro metros, e unha croa circular de uns 95 metros de diámetro. O depósito é claramente un castro característico do tipo do noroeste. Ten estrutura de poboado circular rodeado por unha muralla. Realmente non é unha única muralla, senón que poderían ser varias, cos seus correspondentes fosos, dúas terrazas previas (ou antecastros) e un amplo acrópole ou cidadela no centro, se ben podería ser prematuro aventurar esta disposición, posto que non foi obxecto de escavación ou prospección ningunha. Está protexido por fosos, un terraplén natural, parapetos e murallas. É de destacar o bo estado de conservación da muralla interior. A porta de entrada parece estar orientada cara o Sur.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15014016
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rodríguez Casal, Antón Abel: Carta Arqueológica del Partido Judicial de Carballo de Bergantiños (Coruña).
Ponteceso, 1952

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA020.PDF (pax.2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Na actualidade a croa do castro continúa estando dedicada a agricultura, polo que ao ser cultivada mecanicamente, ditas labores poden afectar ao xacemento arqueolóxico. É necesario e urxente acometer unha limpeza de piñeiros e vexetación das murallas do Castro, ademais da súa adecuada sinalización e posta en valor.


Onde está localizado

Latitude: 43.2150129883
Lonxitude: -8.84244918823
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84