Capela da Virxe de Guadalupe
Catalogouno Oscar Franco o Dec 14, 2015 • 3:48 p.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Rianxo (Santa Comba)
Lugar: Rianxo - Praza Castelao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela construída no ano 1671 sobre outra edificación anterior do ano 1561 que tiña como advocación a Nosa Señora da Cruz, feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta rectangular dunha soa nave con teitume a tres augas.
Na fachada principal podemos ver a porta principal de aceso alintelada con frontón triangular sobre semipilastras e fornela central coa imaxe da virxe. Destacan tamén dous escudos heráldicos a ambos lados desta porta. Por riba do frontón un ocelo.
O conxunto remata nunha espadana de dous arcos oxivais que remata nun pináculo central coroado con cruz de ferro.
O interior, con arcos e bóveda apuntados e altar de crucería, garda un fermoso retablo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Esta capela foi fundada en 1671 por Alonso Fernández de Bastón.
Dende 1854 contén a imaxe da Virxe de Guadalupe rianxeira. Esta imaxe foi traída a Rianxo polo seu autor freire José de Santiago dende o Mosteiro de Guadalupe(Cáceres) ata a capela de San Xosé de Floresta (Rianxo) e, máis tarde ata esta capela de Guadalupe.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Cruceiros e petos de ánimas. Ficha A-018 – Páxina 18)
http://omarfeitotradicion.gal/capelas-e-ermidas
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/outras-capelas-4.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=5070&ctre=31&volverFicha=true
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
VV.AA. (2004). Festas da Guadalupe de Rianxo : 1854-2004. 150 anos de tradición. Ed: Asociación Sociocultural e para o desenvolvemento de Rianxo “A Moreniña”. (en liña: http://festasdaguadalupe.gal/files/4515/6767/6549/Libro150AniversarioGuadalupe_2004.pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6530246877Lonxitude: -8.81792038679
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84