Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Rianxo (Santa Comba)
Lugar: Rianxiño
Outra denominación do ben: Capela do Patrocinio
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela feita no ano 1644 por orde de Xacinto Varela Becerra Soutomaior, a base de perpiaño granítico. Posúe planta rectangular con sancristía no lateral, de época posterior, e teitume a tres augas.

Na fachada principal destaca a porta de aceso principal, alintelada baixo frontón triangular moldurado sobre semipilastras acanaladas Aos laterais podemos ver dous escudos nobiliarios. Por riba da porta aparece unha fiestra cadrada con derrame interno.
O conxunto remata cunha cornixa e unha pequena espadana dun so oco con remate en cruz pétrea.
Nun dos muros laterais podemos ver unha fiestra abucinada con arco oxival.

No interior destaca o altar maior, cuberto con bóveda de canón.

A imaxe da Virxe da Guadalupe permaneceu aquí desde 1773, ata o seu traslado ao actual santuario no XIX.

Castelao reinventa o escudo de Galiza escollendo o lema de Denantes mortos que escravos, así como a serea dos Mariño de Sálvora como motivo principal. Un dos escudos que lle servíu de inspiración foi o que aparece na fachada da capela.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Cruceiros e petos de ánimas. Ficha A-017 – Páxina 17)
http://omarfeitotradicion.gal/capelas-e-ermidas
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/outras-capelas-3-1.html
http://culturagalega.gal/roteiros/detalleextra.php?id=8&cod_rtro=18&cod_obx=255


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6555625735
Lonxitude: -8.81239235401
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84