Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Rianxo (Santa Comba)
Lugar: Rianxiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este cruceiro do ano 1755 nace sobre dous chanzos. Posúe unha curiosa base composta por un corpo con toro e escocias.
A continuación ven o varal, que comeza cunha sección cadrada moldurada e continúa en sección octogonal. O seu capitel está decorado con volutas, rostros de querubíns e decoración vexetal.
O conxunto remata cunha cruz, de sección circular e aspecto leñoso, na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas e coroa metálica no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Cruceiros e petos de ánimas. Ficha C-080 – Páxina 80)
https://cruceirosdegalicia.xyz/1507212.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2015). Os cruceiros do Concello de Rianxo. Editorial Toxosoutos.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
RIANXO. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRianxo.html)

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6541596517
Lonxitude: -8.80942976122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84