Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baixo Miño (comarca) / O Rosal
Parroquia: O Rosal (Santa Mariña)
Lugar: Viso dos Eidos
Outra denominación do ben: Cruceiro de Ribez
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre un chanzo, aínda que é posible que existan algúns máis debaixo do asfalto. A súa base tronco-piramidal da paso a un varal de sección octogonal. Na súa parte media aparece a imaxe dun monxe franciscano, posiblemente San Francisco de Asis. A continuación o capitel, de forma cúbica, decorado con varios motivos: en dúas das súas caras aparecen anxos alados; noutra cara unha figura zoomorfa (posiblemente o lobo de San Francisco); na última cara unha cabeza.
O conxunto remata cunha cruz tipo latina na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas e sobre unha pequena peaña no reverso.

Segundo recolle Xoán Martínez Tamuxe no seu libro (ver referencia bibliográfica), “foi derrubado por un camión alá no 1968 e, incluso despois por unha pa escavadora (1971), pero puidéronse aproveitar parte das figuras orixinais. Non ocupa o lugar primitivo.”


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.concellodorosal.es/urbanismo/PXOM_ROSAL.htm (Tomo V – Ficha E_076 – Páxina 282)
http://cruceirosdegalicia.xyz/3604835.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTINEZ TAMUXE, XOÁN. Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal. O Rosal, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9476863262
Lonxitude: -8.84132668376
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84