Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: O Saviñao / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Piñeiró (San Sadurniño)
Lugar: As Encrucilladas
Outra denominación do ben: Medorra do Cerralleiro
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:

Túmulo identificado no Preinventario de Bens Arqueolóxicos da Xunta de Galicia e no Catálogo de Bens Arqueolóxicos do Concello do Saviñao.
Posúe un diámetro máximo de 20 m e unha altura máxima de 0,50 m, con restos de coiraza. Fai parte do agrupamento da Costa do San Antonio, perto das Penas de Sanguñedo e da Rega do Beirán (ubicación do conxunto arqueolóxico).
En 2015 o túmulo foi sinalizado no marco da iniciativa Á luz das mámoas por medio dun letreiro instalado a carón da Mámoa 3 da Costa do San Antonio.
O uso predominante na zona ten sido o de cultivo de centeo, verificable na ortofotografía de 1956. A parcela permaneceu a mato dende finais da década de 2000 ata decembro de 2015, en que foi rozada polos comuneiros de Cazón. Ten padecido incendios forestais frecuentes, sendo o máis notorio o do 30 de xullo de 2004.
Antes da construción da estrada actual o túmulo ficaba a un lado do coñecido como Camiño Grande. A obra causou a súa destrución parcial.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA27058033
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
VALDÉS BLANCO-RAJOY, Rosario (1997): “Prospección Arqueológica del Ayuntamiento de Saviñao (Lugo)” (consultada no Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia).

FERNÁNDEZ LOSADA, Ramón Carlos (director) (2012): “Catálogo de Bens Culturais (Tomo I)”, “Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello do Saviñao”, Fase IV, documento para aprobación inicial (catalogación levada a cabo por Iván Álvarez Merayo).

IGLESIAS BARRILERO, Diego (2016): “Plan de xestión dun conxunto tumular no concello do Saviñao. Bases para a súa aplicación” (TFG inédito).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Parcialmente destruído pola estrada LU-P-5810.
Postes de parcelación interna do MVMC no contorno inmediato.
En 2014 foron escavados deslindes de demarcación dos MVMC de Cazón e Abuíme como resultado dun conflito veciñal, implicando unha modificación considerable da paisaxe inmediata. O deslinde escavado pasa a 125 m.


Onde está localizado

Latitude: 42.62609
Lonxitude: -7.62354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84