Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: O Saviñao / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Piñeiró (San Sadurniño)
Lugar: Penas de Sanguñedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:

Túmulo identificado no Preinventario de Bens Arqueolóxicos da Xunta de Galicia e no Catálogo de Bens Arqueolóxicos do Concello do Saviñao.
Posúe un diámetro máximo de 17 m e unha altura máxima de 0,30 m, estando moi arrasado por mor dos labores agrícolas e da extracción de pedra. Fai parte do agrupamento das Penas de Sanguñedo, perto da Costa do San Antonio e da Rega do Beirán (ubicación do conxunto arqueolóxico).
En 2015 o túmulo foi sinalizado no marco da iniciativa Á luz das mámoas por medio dun letreiro instalado a carón da estrada LU-P-5810.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA27058086
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ LOSADA, Ramón Carlos (director) (2012): “Catálogo de Bens Culturais (Tomo I)”, ‘Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello do Saviñao’, Fase IV, documento para aprobación inicial (catalogación levada a cabo por Iván Álvarez Merayo).

IGLESIAS BARRILERO, Diego (2016): “Plan de xestión dun conxunto tumular no concello do Saviñao. Bases para a súa aplicación” (TFG inédito).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A cobertura vexetal incrementa o risco de incendio.


Onde está localizado

Latitude: 42.62184
Lonxitude: -7.623
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84