Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cenlle / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Laias (Santa Baia)
Lugar: Laias - Campo do Cabalo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa do século XVIII edificada sobre unha anterior do século X ou XI de estilo románico. Feita a base de perpiaño granítico, presenta planta rectangular dunha soa nave, con sancristía adosada no muro sur, e con teitume a dúas augas na nave e na sancristía, e a catro no presbiterio. Posúe remates en pináculos.

Na fachada principal destaca a porta de aceso con arco de medio punto e grandes doelas con moldura exterior. Nela pódese ler a seguinte inscrición: “Esta es iglesia de refugio sagrado”. Por riba dela un ocelo.
Por debaixo da cornixa podemos ver un escudo pertencente á familia dos Sarmiento dun so cuartel con trece bezantes no interior, colocados en tres paos de catro, cinco e catro.

O conxunto remata nunha espadana, reconstruída en 1941, de dous ocos de arcos de medio punto

No interior existían tres retablos que, a día de hoxe, se atopan na nova igrexa parroquial. Todos eles son do século XVIII.
O retablo central destaca pola imaxe de Santa Baia, e a ambos lados do sagrario podemos ver a San Xosé e a Inmaculada. Estas dúas imaxes están sobre unhas peañas con inscricións. Na da esquerda podemos ler “PINTOSSE CON LOS CAVDALES” e na da dereita “COFRADÍA AÑO DE 1758?”.
No segundo retablo podemos ver a San Bieito flanqueado na dereita por San Xoán e na esquerda pola Dolorosa. Na parte superior remata cunha imaxe da Virxe.
O terceiro retablo posúe a imaxe do Sagrado Corazón coa Virxe do Rosario a un lado e a de San Xoán Bautista no outro. Este retablo está rematado cunha imaxe da Anunciación.

Esta igrexa foi a parroquial ata que se construíu a nova, no ano 1971.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Na sancristía consérvase unha pía de auga que mostra un sexquifolio a ambos lados da billa. Este motivo ten similitude co tríscele e a rosa sexifolia atopados na zona arqueolóxica da Cova da Moura e tamén co trifolio de Las e os da igrexa de San Miguel de Celanova.

Nesta igrexa existían outros elementos a destacar, como unha cruz parroquial do século XIX do artesán ourensán Rañoi, un incensario e naveta do XVIII, e unha coroa do XVII, todos eles gardados hoxe en día na actual igrexa parroquial.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CENLLE/documents/27520ca100.PDF (Ficha A-7 – Páxina 8)
http://www.cenlle.es/index.php/patrimonio/iglesias#addon_dinamic_page_content_3
http://www.laias.net/patrimonio.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3267356776
Lonxitude: -8.03061291575
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84